O amor é das cousas menos matemáticas da vida, sen embargo hai historias que comezan contando.
Contando días e meses.
Descontándolle minutos aos sentimentos, nun intento van de querelos controlar.
Ás veces a vida insiste demasiado en xuntar dous ollares en distintos espazos e tempos, como para finxir que se esquecen.
Entón decátanse de que o único que queren contar son lunares, encontros e vivenzas.
Contar a unha coa outra para sempre.
Sen datas límites, sen freos, sen que ninguén acote o querer.
Porque xa non hai lembranzas do que houbo antes.
Porque todo o que veña, será bo se as colle da man.
Porque quedou demostrado que, se están xuntas, o amor é de letras e escribe os mellores poemas reflexados en sorrisos.