Atrevida, achegábase unha bágoa máis que disposta a perderse no mar dos seus ollos.
Buscaba esperanza nun ollar que agardaba con ansia algunha outra historia duns tempos que semellaban imposibles.
"Supoño que nós tampouco soubemos ser exemplo de nada."
O mundo, tal como o coñecemos, non é o resultado de todas as loitas que libraran ela e os seus para poder descansar orgullosos.
A súa voz, quebrada polo tempo, perdíase onde o mar se xunta co ceo.
"O ser humano é, cada día que pasa, menos ser.
E, dende logo, de humano xa non ten nada."
Non era o momento de lembrar tanto esforzo porque, no máis fondo da súa alma, sabía que non tardaría en ter que volver a ser valente.
"A vida que queríamos para vós, non era esta.
A vida pola que pelexamos afastábase da idea de esta sociedade podre.
Era para disfrutala, non para pasar por ela con medo."
E, coa imaxe dun mundo que se destrúe a sí mesmo, pechou os ollos e deixou fuxir un último suspiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario